Servizos de Arquitectura Técnica – Roget Aparellador

Icono de servicios de catastro

CATASTRO

Podes contar comigo para as xestións integrais de alta ou modificación de datos catastrais ante a Dirección Xeral de Catastro, mediante a achega da documentación de tipo técnico, así como para o asesoramento nos trámites relacionados con cada declaración catastral.

Tamén son competente na realización de arquivos GML ou os que se determinen para o tráfico inmobiliario entre Notaría, Rexistro da Propiedade e Catastro.

Levantamientos topográficos
levantamiento topografico de puntos

PROXECTOS DE PARCELACIÓN

Podes contar comigo para a redacción de proxectos de agrupación, segregación, reparcelación ou modificación de lindeiros; tanto para a concesión de licenzas como para documentos privados.

LEVANTAMENTO DE PUNTOS

Estou equipado con instrumental apto para deslindes, replanteo de obras, xeorreferenciación de coordenadas, medición de parcelas rústicas ou urbanas e elaboración de planos topográficos.

Scroll al inicio