Servizos de Arquitectura Técnica – Roget Aparellador

Icono de seguridad y salud en obra

COORDINACIÓN DE SEGURIDADE E SAÚDE (CSS)

De conformidade co disposto no Real Decreto 1627/1997, as profesionais da Arquitectura e Arquitectura Técnica temos atribucións exclusivas en seguridade e saúde nas obras englobadas no apartado 2.1.a) da LOE e atribucións para calquera obra de edificación, urbanización, demolición ou rehabilitación. Estas atribucións concrétanse nas seguintes actuacións profesionais:

  • Coordinación de seguridade en fase de redacción de proxecto.
  • Redacción de estudos (ESS ou EBSS).
  • Coordinación de seguridade en fase de execución de obra.
  • Redacción de plans de seguridade (PSS).
Coordinación de seguridad y salud en fase de ejecucion
CSS en fase de execucion

PROXECTOS DE DEMOLICIÓN

En base ao disposto na Lei 12/1986, as profesionais da Arquitectura Técnica temos atribucións e competencias para subscribir proxectos de demolición e derribo de edificios de calquera natureza (sempre que non requiran técnicas especiais, como a utilización de explosivos).

PLANS DE TRABALLO

Estou habilitado para presentar plans de traballo en obras con risco de exposición ao amianto e informes técnicos de medidas correctoras fronte ao gas radon, entre outros encargos específicos relacionados coa saúde na construción.

INSPECCIÓN TÉCNICA DE EDIFICIOS (ITE)

Podes contar comigo para realizar a ITE, que é un documento de control sobre o estado de habitabilidade e seguridade do edificio residencial (pode ser favorable ou desfavorable e incluír unhas medidas correctoras).

Lembra que ten carácter obrigatorio para edificios unifamiliares ou plurifamiliares a partir dunha determinada antigüidade (en función de cada ordenanza municipal) en concellos de máis de 25.000 habitantes, e que é responsabilidade do propietario (ou da comunidade de propietarios en caso de haber división horizontal).

Scroll al inicio