DIRECCIÓN DE EXECUCIÓN (DEO)
De acordo co establecido polo artigo 13.2.a) da Lei 38/1999, de Ordenación da Edificación (LOE), os/as profesionais da Arquitectura Técnica teñen, en exclusiva, atribucións profesionais para dirixir e legalizar a execución das obras en edificios cuxos usos sexan administrativo, sanitario, docente, cultural, relixioso e residencial en todas as súas formas.
Espazos confortables (Nigran)
Relacions de confianza
Ademais, esta exclusividade esténdese a aqueles supostos nos que se trate da dirección de execución de obras de edificios contemplados no grupo 2.1.b) da LOE (uso forestal, agropecuario, industrial, aeronáutico, mineiro ou enerxético) cando o Director de Obra sexa Arquitecto; cando non sexa así, o Arquitecto Técnico pode exercer a DEO en réxime de non exclusividade.
Tamén é competente o Arquitecto Técnico para dirixir a execución das obras de edificios comprendidos no grupo 2.1.c) da LOE e incluso de obras diferentes da edificación, como urbanización ou demolición.