O “par galvánico” é un fenómeno semellante á oxidación. Prodúcese cando dous metais con diferente potencial entran en contacto a través dun electrólito (auga), formando unha “pila galvánica” onde o “ánodo” (metal co potencial máis negativo) é corroído mentres que o “cátodo” (metal co potencial menos negativo) non sofre corrosión. Canto maior sexa a diferenza de carga, máis rápida será a corrosión.
Un exemplo está na envolvente do museo Guggenheim de Bilbao, onde o par galvánico entre as chapas de titanio e as fixacións de aluminio produce manchas visibles por corrosión do aluminio.
Unha solución é colocar separadores de materiais inertes, pero eu sempre recomendo non instalar sistemas nos que un metal máis electronegativo estea augas abaixo dun metal menos electronegativo.
A continuación, enumero algúns metais do menos electronegativo (non sofre a corrosión) ao máis electronegativo (sofre a corrosión): titanio, aceiro inoxidable, cobre e latón, chumbo, aluminio, cinc.