Servizos de Arquitectura Técnica – Roget Aparellador

Icono de perito judicial

PERITO XUDICIAL

Acepto encargos periciais (investigacións, informes, ditames) a petición de particulares ou de xulgados, e teño experiencia á hora de comparecer en xuízo para ratificar os meus argumentos.

TAXACIÓNS

Acepto encargos de valoración de bens inmobles urbanos ou rústicos con fins informativos e en procedementos xudiciais de división de herdanza. 

Identificación de humedades
Identificacion de humidades

PROXECTOS DE ACTIVIDADE

Podes contar comigo para todo o proceso, desde a solicitude ata a resolución do expediente, que supón conseguir unha autorización para o inicio da túa actividade profesional.

EFICIENCIA ENERXÉTICA

 Podes contar comigo para emitir o Certificado de Eficiencia Enerxética do Edificio (CEEE) e inscribilo no rexistro correspondente (RGEEE), así como elaborar un informe para mellorar a súa clasificación.

Lembra que o CEEE é obrigatorio para vender ou alugar vivendas e locais, e que a etiqueta enerxética é preceptiva no contrato de alugueiro para que este teña validez.

CERTIFICADOS

Estou habilitado para emitir certificados de superficie, de antigüidade, de solidez, de habitabilidade, de medios auxiliares, de final de obra, de primeira ou segunda ocupación… Así como informes de avaliación de edificios (IAE).

Scroll al inicio