Servizos de Arquitectura Técnica – Roget Aparellador

Tres consellos sobre illamento térmico

O correcto illamento térmico da envolvente dun edificio pode reducir os consumos en climatización ata un 30% e previr patoloxías por condensación que provocan deterioro e insalubridade. Tres consellos:

  1. As maiores perdas e ganancias de calor, nas vivendas galegas convencionais, prodúcense a través da cuberta. Por iso, sempre recomendo colocar un paquete de cuberta que non escatime en illamento térmico e en prevención fronte as condensacións.
  2. A carpintaría exterior ofrece múltiples posibilidades de provocar descontinuidades no cerramento. Hai que executar cada oco coma un conxunto solidario, que garanta illamento e estanquidade por parte de todos os compoñentes (lintel, marco, perfil, vidro, verteaugas, tapaxuntas, persiana, etc).
  3. As pontes térmicas supoñen o sumidoiro de calor menos visible. Hai que detectar e protexer todo contacto co exterior, especialmente en estruturas de formigón (cantos de forxado, cara exterior de columnas e cara inferior de beirís).
Scroll al inicio