XESTIÓN DE AUTORIZACIÓNS
Podes contar comigo para todo o proceso, desde a solicitude ata a resolución do expediente, que supón conseguir unha autorización nas administracións competentes (Concello, Deputación, Patrimonio Cultural, Augas de Galicia, Axencia Galega de Infraestruturas, etc) para calquera tipo de obra, reforma ou legalización dentro das miñas atribucións profesionais. E encárgome da redacción de toda a documentación técnica relacionada (memoria valorada, xestión de residuos, etc).